CRTVG

Buscar

O Celta caeu goleado co Vilarreal nun primeiro tempo para esquecer

Publicado o 09/01/2021 14:15

Aos 15 minutos de partido, o Celta xa perdía por 0-3

R.C. Celta 0 - Vilarreal 4

Despois da eliminación copeira e logo de ver o primeiro slálom de Denis Suárez nada máis principiar o partido as sensacións eran de claro propósito da enmenda.

Un minuto despois Okay compromete a Suárez, que controla mal sen que ninguén lle avise da chegada de Parejo....e cando o centrocampista conecta con Gerard Moreno as eivas defens¡ivas celestes quedaban novamente ao descuberto.

Malia xogar sen Aspas, Tapia e Nolito o Celta mantivo o sistema e insitiú en saír por dentro. Rubén Blanco erra no pase, Trigueros recuepra e Moi Gómez ensina as gadoupas ante a frustración de Rubén e indignación do Chacho.

Pero o pesadelo para Rubén continuaría cunha falta desde o costado esquerdo do ataque visitante. A rosca de fóra cara a dentro de Parejo vaise envelenando e nin a defensa nin o porteiro son quen de ler ese envío que se coa na portería viguesa.

E se a retagarda estivo mal, a media e a dianteira non estiveron mellor. Pase cómodo para Fernando Niño, que no man a man enmalla o cuarto dos castellonencos. Coudet xa non sabía onde meterse.

Antes ilusionaban Veiga, Rodríguez e Fontán, agora do pouco rescatable na segunda metade foron Holsgrove e Alfon.

Nove goles apañados en dous partidos. É tempo de reflexión e de fichaxes.

Noticias web

09/01/2021