CRTVG

Buscar

O Celta busca no Pizjuán a primeira vitoria visitante do ano

Publicado o 29/08/2019 16:31

Visita o Celta o líder á busca dunha vitoria fóra que non coñece este ano. Toda unha proba de madurez.

Para Fran Escribá, adestrador do R. C. Celta: "O Sevilla e na súa casa, co que aperta a xente, é un dos escenarios onde un sente que o equipo ten que ser maduro. Pero son xogadores que están preparados para iso".

O que si promete o técnico é un equipo que non sairá a especular por máis difícil que sexan o escenario e o rival. 

"Unha das claves é mirar á porta contraria. Se nós falamos de que fóra non gañamos desde hai moitas semanas, precisamos mirar á porta. E cos xogadores que temos erraríamos se pensásemos en defender".

Decidida a aposta, queda encaixar as pezas. Hugo Mallo e Santi Mina están dispoñibles e agardan o seu momento.

"É certo que cando non estiveron os compañeiros renderon ben. Estou moi contento con Hugo e Santi, teñen o nivel e terán o seu momento", remata Escribá.

 

Noticias web

29/08/2019