CRTVG

Buscar

O Celta busca na Cerámica unha vitoria urxente, a primeira a domicilio

Publicado o 23/11/2019 14:43

Óscar García afronta na Cerámica o seu primeiro exame serio. A mensaxe é clara.

"Quero que compitamos mellor", di o adestrador.

O Celta, con nove puntos en trece xornadas, precisa sumar con urxencia se quere escapar do descenso. A salvación xa está a catro.

 "Estamos avanzando, ese é o obxectivo. Os rapaces adestran ben. Con intensidade. Queremos competir mellor. Adestrar forte para competir mellor do que estabamos facendo", explica o técnico.

Fronte ao Barcelona víronse claros síntomas de mellora. A posta en escea no Camp Nou foi valente. O Celta presionou, recuperou, combinou e durante 15 minutos acurralou o rival. A intención agora é darlle continuidade a esa idea ante un rival invicto na casa.

"É un rival moi bo. Non perdeu aínda na casa. É moi forte na Cerámica. Debemos facer un gran partido e competir moi ben. Traballo e competir ben levarannos a saír desta situación", sinala García. 

O Celta buscará na Cerámica a primeira vitoria a domicilio da temporada. Foi precisamente aquí onde colleitou a última, en decembro do ano pasado.

Noticias web

23/11/2019