O Celta B vence a adversidade e co porteiro expulsado trae a vitoria de Eivisa
Publicado o 23/09/2019 16:34
Ás veces o fútbol regálanos situacións de ficción. Sucedeulle ao filial do Celta en Eivisa. Perdía tres-dous co Peña Deportiva cando quedaban vinte minutos, foi expulsado o porteiro Fran Vieites e tivo que poñerse na meta o lateral Pampín. Os cambios esgotados. Pampín exhibiuse con serenidade.
E con Pampín na portería, Jacobo empatou o encontro cun lanzamento de falta e no tempo engadido o gol de Apeh. O Celta B venceu de maneira inesperada.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí