CRTVG

Buscar

O Celta B gáñalle ao Rápido de Bouzas e colócase segundo na táboa

Publicado o 24/09/2018 21:42

O Celta B acabou goleando nun derbi vigués máis igualado do que reflicte o marcador. Jacobo abriu o camiño da vitoria cun disparo de lonxe. O Rápido de Bouzas fixo méritos para levar algo de Barreiro, pero acabou lastrado polas expulsións de Sergio Santos e Kiko, moi protestadas polos visitantes. Malia a todo, os de Otero mantivéronse no partido.

O Celta B pechou o marcador nos dez minutos finais, despois deste preciso remate de Pastrana, e dunha cabezada de Diego Alende na compensación, que deixaba o filial céltico segundo e o Rápido pechacancelas. Xusto por diante está o Deportivo Fabril, que perdeu en Burgos nun partido cunha parte para cada equipo. Na primeira acabou por diante con este gol de Raúl:

O Burgos deulle a volta ao resultado na continuación cun par de envíos ás costas da defensa. Un resolveuno Yaw Annor no man a man. Outro, Goti de remate cruzado. O Fabril ten un punto. O Pontevedra ocupa posto de promoción con cinco tras caer no campo do Inter de Madrid, nun partido en que os de Luismi tamén mereceron máis, pero acabaron sucumbindo por tres a cero. Os tres tantos chegaron na segunda metade. Ramos, tras un dubidoso penalti, Rafa Mella e Fer Pina asinaron a vitoria dos madrileños. Xusto por diante do Pontevedra, tamén con cinco puntos, está o Coruxo, que caeu en Fuenlabrada.

 

Noticias web

24/09/2018