CRTVG

Buscar

O Celta B ponse por diante na loita por permanecer na Segunda B

Publicado o 26/05/2019 19:19
O Celta B ponse por diante na loita por permanecer na Segunda B

O Celta B e o Alcoiano despacharon unha primeira metade típica de play off. A obsesión en non encaixar gol motivou que as ocasións escasearan, nun partido moi táctico. A máis clara puido ser este centro de Vicente que rexeitou Iván Villar.
Na segunda metade o Celta saíu a buscar un gol que lle dera unha certa tranquilidade para o partido de volta. A primeira ocasión tivoa Pastrana, pero o seu disparo vaise fora.
Contestou o Alcoiano cun disparo de Rubio que parou Iván Villar.

E inmediatamente despois novamente Pastrana levou o perigo á area visitante. O seu centro no o atalla o porteiro, pero Apeh dispara fora.

O único gol do partido chegou no minuto 63. Alex Serrano bota un córner, logo dun primeiro remate o balón queda solto na área e Apeh mete a testa para establecer o un a cero.

O gol deulle tranquilidade aos celestes que na última media hora dispuxeron das ocasións máis claras, pero a falta de acerto evitou que se movera o marcador.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/05/2019