CRTVG

Buscar

O Celta B perde pola mínima en Calahorra cun gol ao bordo do descanso

Publicado o 25/09/2021 19:33

O Celta B puxo frea a súa xeira e caeu en Calahorra por un tanto a cero. O gol do triunfo local chegou no primeiro tempo, aos 42 minutos e marcouno Jorge Martínez. Gol non exento de poléemica, pola posición do propio Jorge no momento do pase.

Na segunda metade, o Celta subiu liñas e abriu o partido. Na contra puido resolver o Calahorra. Onserven qué ocasión de Carlos Vicente e que parada de Gaizka. Ao Celta custoulle crear. A balón parado ameazou, como aquí. Despexa Titi a corner. Pero as opcións máis claras foron sempre locais. Reparen nesta dobre con Álex Ares e Soto coma protagonistas. Gaízka Campos, o porteiro foi o mellor do Celta. A última tentativa galega... a cargo de Medrano. No Celta xogaron o brasileiro Fabricio e o xuvenil Xoel. E o choque acabou coa expulsión de Javi Gómez por ese empurrón. En Calahorra, 1-0 perdeu o Celta B.

Noticias web

25/09/2021