CRTVG

Buscar

O Celta B iguala o cuarto posto da temporada pasada

Publicado o 14/05/2018 15:21

O Celta B fixo o seu traballo e aproveitouse do empate sen goles no Baltasar Pujales. A que ven é a ledicia do filial celeste cando os xogadores souberon do empate entre o Rápido de Bouzas e o Navalcarnero. Euforia no banco pero tamén na ateigada bancada de Barreiro. O Celta B loitará polo ascenso a segunda.

Farao tras derrotar por catro a un ao Guijuelo nun partido que se lle puxo pronto de cara.
Unha presión alta dos vigueses permitiu a recuperación preto da área do Guijuelo e o gol de Denis Eckert cando se levaban dous minutos de xogo.

O Guijuelo empataría un cuarto de hora despois, logo de que Fúster aproveitara un erro na defensa celeste.

Non se veu abaixo o filial céltico que volvería poñerse en vantaxe antes de chegarse ao descanso. 
A pelota chegalle a Juan Hernández que marca dun magnífico disparo cruzado.

Pero ao Celta non lle chegaba gañar. Para evitar contratempos, debía facelo por dous goles de diferenza en previsión de que o Rápido se adiantara no Baltasar Pujales.

Agus no minuto 72 puxo o tres a un que lle daba esa tranquilidade.

E a seis minutos do remate, Eckert logrou o catro a un definitivo que clasificaba aos celestes para a fase de ascenso por segunda temporada consecutiva.

Mentres tanto, en Bouzas o Rápido e o Navalcarnero lograron un empate que os perxudicou nas súas aspiracións.

O medo a perder provocou a igualada entre os dous equipos. Unha oportunidade de Carlos Pereira no minuto 90 a piques estivo de darlle o triunfo aos vigueses, que rematan nun brillante quinto posto.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2018