CRTVG

Buscar

O Celta B buscará a permanencia ante o Alcoiano

Publicado o 20/05/2019 18:58
O Celta B buscará a permanencia ante o Alcoiano

A sede da Federación Española de Fútbol acolleu o sorteo dos emparellamentos para a promoción pola permanencia na segunda B. O Celta B medirase co Alcoiano, o primeiro partido será na casa, en Barreiro, esta fin de semana.

Tamén se sortearon as fases de ascenso a segunda división B. O Rácing de Ferrol, como campión do grupo galego, recibirá na Malata o Real Xaén. O Bergantiños irá a Oviedo medirse co Covadonga. O Compostela xogará o primeiro partido en Vitoria ante o filial do Alavés, mentres que o Alondras terá o desprazamento máis longo. Terá que ir ata as Canarias para xogar co Mensaxeiro da Palma.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019