CRTVG

Buscar

O Celta B busca a permanencia ante o Alcoiano

Publicado o 25/05/2019 15:27

Para agocha-la cabeza. O de hai seis días foi un pao. Por inmerecido. Por inagardado nun equipo que aspiraba o ascenso. O Salamanca gañou en Barreiro e mandou ao Celta B a disputar a elimatoria do descenso. No vestiario houbo bágoas e o traballo comezou por recuperar o ánimo.

Seis días despois daquel golpe, os celestes aseguran estar a punto. Coa enerxía e a ilusión de sempre. Coas ideas claras. Sen excusas.

Celta B - Alcoiano. Mañá ás 12. Coa permanencia en xogo. Partido de ida. Coa baixa por sanción de Ibán Salvador e coas cámaras da TVG2 en directo.

 

Noticias web

25/05/2019