CRTVG

Buscar

O Celta B acada a primeira vitoria da temporada

Publicado o 18/09/2019 19:00

Hoxe tamén foi a quenda do Celta B, que acadou a primeira vitoria da temporada e sae dos postos de descenso. O Celta adiantábase no minuto 14 grazas a esta reviravolta de Manolito Apeh, moi activo durante todo o encontro. A asistencia foi de Yeboah. Precisamente Yeboah anotaba este golazo para o 2 a 0. Un lategazo imparable que se coa pola escuadra. No minuto 35 o colexiado asubía penalti nesta xogada alborotada. Debiuno ver moi claro. Carri ía transformar desde os once metros. Xa na segunda metade, unha galopada imparable de Manolito acaba coa asistencia a Iker Losada e o gol cruzándoa por baixo. Losada tamén sería protagonista no cuarto, asiste a Lautaro e o xuvenil anota aos tropezóns. No último minuto, rebote de Ros acababa entrando na portería do Celta para o 4 a 2 definitivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019