CRTVG

Buscar

O Celta aplica o réxime interno a 37 afeccionados

Publicado o 24/02/2020 13:14

Por insultos contra o Leganés e o colexiado Munuera Montero

O Celta aplicará o réxime interno a trinta e sete afeccionados. O motivo son cánticos ofensivos durante o partido co Leganés contra o equipo adversario e contra o colexiado Martínez Munuera.

O Celta identificou ese grupo de afeccionados, que se enfrontan a unha sanción de seis meses sen acceder ao estadio de Balaídos.

Noticias web

24/02/2020