CRTVG

Buscar

O Celta confirma a apertura das bancadas de Gol e Marcador

Publicado o 02/01/2019 21:37

 

O Celta ameazara con pechar as bancadas de Marcador e Gol para o partido deste luns ante o Athletic de Bilbao. Pero a última hora da tarde o Celta poñía á venda entradas para eses dous espazos. Fíxoo tras recibir, di a través dun comunicado oficial, un informe técnico do concello que avala a súa seguridade. Esa era a reclamación da entidade que preside Mouriño despois de que o Goberno local retomara hoxe os labores de reparación deses espazos. Os propios afeccionados denunciaran a súa deterioración.  

Noticias web

02/01/2019