CRTVG

Buscar

O Celta agarda mellorar a imaxe diante do Betis e acabar a primeira volta no 8º posto

Publicado o 19/01/2021 22:01

O Celta acaba a primeira volta visitando o campo do Real Betis (21:00 horas). Neste partido, agarda deixar atrás as malas sensacións dos dous últimos encontros contra o Ibiza na Copa e o Vilarreal en Liga nos que foi goleado.

Se o cadro de Coudet dá puntuado, rematará a primeira volta na oitava posición, cumprindo así os obxectivos que marcou o arxentino nada máis chegar a Vigo: unha puntuación para unha permanencia cómoda que permita ademais seguir de preto os postos que dan acceso a competición europea.

Será baixa Iago Aspas, na recta final da súa recuperación. Tampouco están Juncá e Sergio por lesión nin Sáenz e Costas por decisión técnica, á espera de que se poidan pechar as súas saídas do club. Pola contra, volven entrar na lista xogadores como Tapia ou Kevin, ausentes contra o Vilarreal. Tamén continúan os xogadores do filial Holsgrove e Alfon.

 

Noticias web

19/01/2021