CRTVG

Buscar

O Celta afronta o seu primeiro partido sen Iago Aspas

Publicado o 03/03/2020 11:03

• O moañés leva nove goles esta temporada

Despois de 26 xornadas xogando todo, Iago Aspas terá un descanso forzoso. O quinto cartón amarelo caeulle en Granada. Tampouco incrementou a súa conta de nove goles pero o de Moaña celebra o punto. "Un punto máis cerca do obxectivo", di na súa conta de Instagram.

Iago Aspas é baixa segura en Xetafe, un campo e un equipo que se lle negan. Se a súa idea inicial era provocar o cartón para cumprir sanción no Bernabeu, según se deron as circunstancias pode que este sexa o mellor escenario, evitar o fútbol expeditivo do Xetafe. Un estadio onde só gañaron esta temporada Barcelona, Real Madrid e Sevilla. O Celta aspira a seguir sumando alí. Ten 26 puntos e Óscar García non se atreve a afirmar se 37 chegarían para a permanencia: "non o sei cantos puntos dan a permanencia. É cedo para pensar niso", dixo.

Na primeira volta o Xetafe gañou en Balaídos 0-1, o partido que supuxo a destitución de Fran Escribá. Agora os de Bordalás están inmersos nos cuartos de final da Liga Europa, pendentes do Inter. Unha oportunidade para o Celta, incluso sen Iago Aspas. A temporada pasada durante a súa ausencia de dez partidos lesionado o Celta logrou unha vitoria e un empate.

Noticias web

03/03/2020