CRTVG

Buscar

O Celta afronta o que queda sen marxe de erro

Publicado o 19/11/2019 16:06

Quedan seis partidos para que remate a primeira volta. O Celta ten nove puntos. Despois do Vilarreal chegarán aparentemente algúns encontros accesibles. Todo dependerá da evolución con Óscar García, que en principio contará con Santi Mina para viaxar a Vilarreal.

Chegou a temporada pasada, aló por xaneiro, a estar tamén con cinco derrotas seguidas. E tamén na zona vermella do descenso. Mais agora, coa derrota do Camp Nou, Óscar García ten pouca marxe de erro.

Quedan seis partidos para que finalice a primeira volta. O Celta ten 9 puntos. Rivais que lle faltan. Imos por orde: Vilarreal, Valladolid, Leganés, Mallorca, Levante e Osasuna. Todos son da zona media-baixa da liga. 18 puntos en xogo. Mínimo tería que conseguir 12 para chegar cando menos á metade do calendario por enriba da fronteira dos 20 puntos. Non será doado acadar ese mínimo de 12 puntos de 18.

Sobre todo se o equipo mantén a seca goleadora. Dende a fermosa acción que culminaba Denis Suárez contra o Sevilla pasaron 10 partidos e o Celta non volveu marcar nunha xogada que tivese dous ou máis pases antes do gol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019