O Celta afronta en Xetafe un partido que pode marcar o futuro inmediato
Publicado o 24/10/2021 15:29
Tapia e Fontán non viaxan nunha lista de 23 en que entra o defensa do filial Medrano e os xuvenís Hugo Sotelo e Hugo Álvarez
O Celta afronta este luns no Coliseum un deses partidos que poden marcar o futuro inmediato do equipo. Visita o pechacancelas, que aínda non gañou pero que acaba de cambiar de técnico, e nun escenario que historicamente non o favorece. Eduardo Coudet ten clara a importancia do choque. O técnico, que confirmou que non viaxa Tapia e si Medrano, amosouse incómodo pola situación clasificatoria do equipo. Na lista de 23 xogadores tamén entran por primeira vez os xuvenís Hugo Sotelo e Hugo Álvarez.