CRTVG

Buscar

O Celta adéstrase pendente do alcance da lesión de Hugo Mallo

Publicado o 03/10/2017 12:27

Non hai fútbol de primeira división esta semana debido aos partidos de seleccións. Unha vantaxe para os lesionados como Hugo Mallo. O Celta volveu onte á tarde aos adestramentos. Todos agás os oito internacionais e os mancados. Hugo Mallo sufriu unha lesión muscular o venres durante o partido fronte ao Xirona. As probas médicas determinarán o alcance da rotura fibrilar no bíceps da perna esquerda. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2017