CRTVG

Buscar

O Celta aclara que non dispón de autorización algunha para xogar con público en Balaídos

Publicado o 04/06/2020 17:53

• Desde o Celta din que "o club actuará coa máxima responsabilidade e sempre de acordo coas directrices dos organismos competentes nesta materia"

O Celta aclara que non dispón de autorización algunha para xogar con público en Balaídos

Así reza o comunicado do conxunto vigués: "O Celta quere aclarar que, como fixo sempre, está á espera das decisións das autoridades competentes sobre a presenza de público nos estadios, algo que aínda non se produciu e por tanto non dispón de autorización algunha por parte de ningunha institución para permitir o acceso de abonados e afeccionados en ningún dos partidos que restan por disputarse no estadio de Abanca Balaídos. O club actuará coa máxima responsabilidade e sempre de acordo coas directrices dos organismos competentes nesta materia"