CRTVG

Buscar

O Celta acariña a permanencia

Publicado o 05/05/2019 21:41

O cuarto triunfo consecutivo do Celta na casa comezou cunha descarga de Maxi Gómez en zona defensiva...
Habiliza para Sofiane Boufal e vai a zona de remate. O parisino troca a orientación do xogo e Hugo Mallo decide que a banda dereita pode ser unha boa opción para facer dano...conduce, encontra a Ryad Boudebouz que so con erguer a cabeza xa ve o desmarque que lle tira Maxi...por aí chegou o triunfo, pero nada está feito aínda.

Fran Escribá, adestra dor do R.C. Celta. "Unha victoria nun dos dous partidos que quedan deixanos salvados".

Malia levar 13 goles en liga Maxi chega moi canso ao final do campionato por falta dun substituto natural...e a liga aínda non rematou.

Maxi Gómez. "Son dúas finais e imos tratar de gañar as dúas".

Equilibrou o equipo, é o mellor adestrador da era Mouriño en puntos por encontro, deulle confianza aos xogadores. Reparen no sorriso de Escribá. Quere quedar en Vigo.

Fran Escribá, adestrador do R.C. Celta. "Non teño outra cousa na cabeza que salvar ao equipo... ".

Por certo, non foi o seu mellor partido, viña tocado do ombreiro, pero non se agochou á hora de tirar o penalti. Aspas, que con seis goles é o futbolista que máis lle marcou ao Barça no último lustro, suma e segue...

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/05/2019