CRTVG

Buscar

O CDR O Viso reibe o premio Pedra Alta

Publicado o 30/11/2019 20:03

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, situado no Concello ourensán de Sarreaus, recibiu o premio Pedra Alta 2019. É un premio que outorga o Padroado do Museo Etnolóxico da Limia, e para celebralo realizaron unha visita guiada ao Museo da Limia, que recolle a historia da comarca e da Lagoa de Antela, desde a súa desecación a finais dos anos 50. Este premio recoñece o labor do Centro do Viso de Lodoselo pola súa dinamización no rural, ademais da súa atención tanto ás persoas maiores no seu centro de día, como os máis pequenos aos que lle dan a coñecer a tradición e os traballos no rural.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019