CRTVG

Buscar

O castiñeiro enxertado máis antigo do sur de Europa atópase no concello ourensán dos Blancos

Publicado o 15/10/2019 20:45

Con quince metros de perímetro e máis de trece de altura este castiñeiro de Pexeirós formaba parte xa do catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Pero á súa espectaculariadade engadíuselle agora un atractivo máis: ter o enxerto máis antigo do sur de Europa.

O investigador que coordinou o estudo, Santiago Pereira, afirma que nos permite saber cando se comezou a cultivar os castiñeiros. Concretamente, a partir de 1427, que é cando dataron este inxerto. Analizaron xeneticamente máis dun cento de árbores senlleiras en España, Italia e Portugal. Trátase de árbores moi resilientes que sobreviviron a múltiples enfermidades e que nos axudarán a mellorar a loita contra as pragas, subliña Santiago Pereira.

Unha resiliencia que constatan os que conviviron dende sempre con el. Historias dunha árbore senlleira, testemuña de como foi evolucionando o aproveitamento da castaña ao longo dos séculos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019