CRTVG

Buscar

O Castela imponse ao Celta B cun gol en posible fóra de xogo

Publicado o 08/01/2020 18:46

Quenda tamén para o Celta B, que esta tarde xogou o seu partido de liga adiado contra o Real Madrid Castela.
Os vigueses caeron pola mínima ante o equipo de Raúl González. Aínda que con polémica. No minuto 11 da segunda metade, Mario Gila remataba esta falta botada por Martín. Na repetición apréciase claramente a posición antirregulamentaria de Gila. O gol debeu ser anulado. No desconto, Manolito Apeh tivo a máis clara para os celestes, pero o seu testarazo marchou a rentes do pau. O Celta remata a primeira volta en postos de descenso.

Noticias web

08/01/2020