CRTVG

Buscar

O caso Osasuna supón a primeira condena por amaño de partidos en España

Publicado o 24/04/2020 17:04

• A sentenza impón un ano de prisión e dúas de inhabilitación a dous futbolistas por arranxar resultados na temporada 2013/14

Primeira condena por corrupción deportiva no fútbol español. Caso Osasuna. Temporada 2012-13 e 2013-14. O equipoo navarro primou a Valladolid e Betis para que gañaran a Celta e Deportivo. E primou o Betis para que perdera no Sadar.

Foi condenado Ángel Vizcay, ex-xerente de Osasuna, a oito meses de prisión e trescentos mil euros de multa. E condenadostamén  os futbolistas Amaya e Xavi Torres, naquela época eran xogadores do Betis, a un ano de prisión.

Son delictos de corrupción deportiva, falsidade documental, falsidade contable e apropiación indebida.

A cantidade defraudada ascende a dous millóns catrocentos mil euros.

Noticias web

24/04/2020