CRTVG

Buscar

O "caso Fuenlabrada" dispárase ata os 28 contaxiados, 20 deles recluídos na Coruña

Publicado o 25/07/2020 21:15

O caso Fuenlabrada adquire progresivamente maior magnitude. Son xa 28 os afectados, 20 dos cales permenecen recluídos na Coruña. Aquí, no hotel Finisterre da cidade herculina os xogadores colgaban, hoxe pola tarde, camisetas do equipo nas fiestras das súas habtacións. Un acto simbólico para reivindicarse. Entre os coruñeses, son conscientes de que as culpas non recaen nos futbolistas:

 "Os xogdores e a xente do Fuenlabrada son, sobre todo, os sufridores e a culpable é a Liga. Segundo comentaron, e eu creo niso, viaxaron porque lles dixeron que tiñan que viaxar e quen lles dixo que tiñan que vir é quen máis explicaciós ten que dar", comenta un transeúnte.
"Veñen sen médico e a competición adulterada", sintetiza outro.

As posiblidades de xogar o Dépor-Fuenlabrada son cada vez máis remotas e, mentres, entre os cidadáns prima a tranquilidade canto ao tema sanitario. Non hai medo, pero imponse a crítica para os que decidiron que o equipo viaxara á Coruña. Estas son algunhas opinións recollidas na rúa:

"Medo, como medo non teño, pero eu creo que é unha falta de respecto total aos que vivimos aquí".
"Vén todo dun erro de Madrid, repercute no tema sanitario bastante na zona esta, pero se non saen polo momento non hai problemas".

Desde o hotel os xogadores seguen a evolución do seu compañeiro hospitalizado. Os últimos datos indican que permanece estable e con sintomatoloxía non grave derivada do coronavuirus.

Noticias web

25/07/2020