CRTVG

Buscar

O caso de Coté, o falso médico de Ferrol, chega á Audiencia Provincial da Coruña 13 anos despois

Publicado o 01/12/2020 15:14

Trece anos despois, o caso de Coté, o falso médico de Ferrol, chega á Audiencia Provincial da Coruña. Son trece anos de calvario para máis dun cento de vítimas que sofren secuelas polos tratamentos que lles aplicou e que, desde entón, agardan xustiza.

Esther Fontán chegou á clínica que Coté tiña no centro de Ferrol para tratar o seu fillo dunha malformación de cadeira. Acabou sendo tratada ela mesma, primeiro de colon irritable e máis tarde dun accidentes de tráfico que lle deixou unha lesiñon medular.

Ela representa un total de 147 vítimas, entre as que hai casos de tumores malignos que acabaron derivando en mortes e mesmo nenos aos que tamén chegou a tratar. Pacientes que chegaron a deixar ata 100 mil euros na súa consulta.

Despois de 13 anos de espera, as vítimas encaran un proceso doloroso de novo. Lembrar os momentos difíciles que atravesaron e nos que moitas delas quedaron no camiño. Din que a xustiza chega, pero chega tarde.

A vista previa comezará a próxima semana na Audencia Provincial. Coté enfróntanse a 334 anos de cárcere por delitos que van de lesións a homicidio por imprudencia.

As vítimas agardan poder pasar unha dolorosa páxina da súa vida.

Noticias web

01/12/2020