CRTVG

Buscar

O carné por puntos segue sen dar resultados en Portugal

Publicado o 08/01/2019 15:38

Trátase da excepción en Europa. Por segundo ano consecutivo aumentaron as mortes nas estradas portuguesas. Foron 513 vítimas mortais, 15 máis ca no ano anterior. Son 60 mortos por millón de habitantes cando a media europea non chega aos 40. Os observadores internacionais apuntan a varias anomalías na xestión das leis viarias en Portugal, entre elas que cada vez se multa menos e mesmo hai multas que non se chegan a cobrar. O carné por puntos implantado no verán de 2016 non dá os seus froitos e atendan a este dato. No primeiro ano da súa aplicación en España perderon o carné 1.376 persoas, en Portugal en dous anos e medio perdérono tan só 56. Unha cifra moi inferior aínda tendo en conta a diferenza do número de condutores entre ambos os dous países.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019