O cárcere xa lle cambiou o aspecto ao despezador de Valdemoro
Fora unha historia tétrica, a acontecida na casa da localidade madrileña de Valdemoro que acaba de rexistrar, por segunda vez, a Policía Xudicial da Garda Civil. Alí dentro, entre obxectos de temática satánica e nazi, acabou despezada unha moza de 18 anos.
O home está en prisión provisional acusado do crime. Saíu do cárcere para asistir a este rexistro, e saíu cun aspecto que sorprende se temos en conta a imaxe que proxectaba nas redes sociais ata hai pouco.
Antes de ser detido en outubro polo asasinato da moza, Leandro, colombiano de 27 anos, exhibía traballada musculatura e orgullo de tatuaxes. Agora, menos dun mes despois, cunha aparente falta de forma repentina, con lentes de ver, parece outro.
Supostamente matou a moza, despezouna e mesmo botou ao lume partes do corpo. Para se desfacer del pediu axuda á que era a súa parella, que acabou por denuncialo. A muller foi encarcerada por encubrimento, pero xa está en liberdade.
Leandro presentábase en redes como o Carniceiro Tatuador. Agora é coñecido como o despezador de Valdemoro.