O cárcere de Teixeiro reabre as portas ás visitas con estritas medidas de seguridade
Publicado o 09/03/2021 15:14

A normalidade vai regresando, paseniñamente, aos distintos espazos da nosa sociedade. Tras meses de illamento extra pola pandemia, o cárcere de Teixeiro reábrellelas portas ás visitas.
Familiares e as ONG que asisten os internos, telematicamente desde a pandemia, poderán traspasar de novo os muros da prisión, agora que tanto o persoal sanitario como o penitenciario menor de 55 anos están vacinados.
É o primeiro cárcere galego que reabre e faino con estritas medidas de seguridade, as mesmas que aplicaran cando abriron en decembro: illamentos sanitarios e PCR para os internos que reciban visitas.