CRTVG

Buscar

O cárcere de Lledoners concede aos Jordis un permiso de saída de 48 horas

Publicado o 14/01/2020 13:14
O cárcere de Lledoners concede aos Jordis un permiso de saída de 48 horas

Jordi Sánchez e Jordi Cuixart poderán dispor de dous días de permiso, segundo acordou hoxe a Xunta de Tratamento Penitenciario do cárcere catalán de Lledoners A decisión, que debera ser ratificada pola Secretaría de Medidas Penais da Generalitat, significa que os Jordis poderán desfrutar de ata 36 días de permiso ao ano. Cuxart e Sánchez poden acollerse a este beneficio tras ter cumprida a cuarta parte da condena de nove anos por sedición imposta polo Tribunal Supremo. Son os primeiros dos sete independentistas encarcerados que van desfrutar deste permiso penitenciario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí