CRTVG

Buscar

O Carballiño vai recuperando actividade tras suavizárense as restricións

Publicado o 23/11/2020 14:20

Por primeira vez desde o 22 de outubro, o café de media mañá no Carballiño pode saborearse tranquilamente nunha mesa e en compañía dalgún amigo ou compañeiras do traballo: "Presta, polo menos botamos un conto, coa nosa distancia... Pero temos que seguir pensando no que temos enriba".

A reapertura da hostalería é o cambio máis visible. Tras un mes en que só podían servir para levar, agora atenden na terraza, ao 75 por cento, e no interior, ao 50%.

José Luis Acuña, café bar Ningures: "Nótase o cambio. Antes, con só cafés, era complicado. Os clientes están tendo boa aceptación, grazas a Deus".

Así e todo, segue habendo quen se resiste a dar o paso: "Está un pouco fresco para tomalo na terraza. De momento, seguimos con este costume".

Reabriron tamén os ximnasios, contrarios a que os catalogasen como actividade non esencial.

Claudio Mateo, xerente do ximnasio Madokoan: "Xente con problemas de saúde, que os manda o fisio, ou o psicólogo. Estamos máis relaicoinados coa saúde que co ocio".

Desde primeira hora empezaron a chegar usuarios ansiosos por retormar a actividade física que descoidaran nestas 4 semanas: "Na casa podes facer moitas cousas, eu estiven de reformas por non estar quieto, pero non é o mesmo. Aquí cansas o corpo, desestrésaste".

Fin tamén das restricións de mobilidade que illaran o Carballiño dos seus veciños: "Eu son de Cenlle. É a primeira vez que veño desde que abriron, porque antes non se podía. Aquí é o sitio que temos para comprar".

Actualmente, o número de positivos é dez veces menor que hai un mes, pero convén, din os veciños, non perder a perspectiva para non recaer.

Noticias web

23/11/2020