O Carballiño multiplica por sete nunha semana o número de casos positivos
Cento corenta e sete contaxiados de COVID−19 hai no Carballiño, e iso indica un crecemento descontrolado na última semana. Pouco ambiente polas rúas e moita preocupación entre a veciñanza. "En apenas unha semana multiplicou por sete o numero de casos positivos, que ten orixe familiar nalgun caso e tamen implicacion no ambito da hosteleria", asegura Félix Rubial, xerente da Area Sanitaria de Ourense, O Barco e Verín.
Estanse intensificando pois os cribados neste concello para frear ese incremento de contaxios. Aquí xa non están permitidas as xuntanzas dos non conviventes. Se os datos seguen medrando, non se descartan medidas máis duras.
Mentres, en Ourense capital e en Barbadás, onde as restriccións son as máis estritas e non se pode entrar nin saír sen xustificación, os contaxios aumentan pero a moito menor ritmo que antes. "As cifras márcannos unha tendencia favorable; con toda a cautela e prudencia podemos dicilo, hai que esperar aos proximos días, que serán clave para ver se esta tendencia se consolida. En calquera caso, estas medidas só son produto da concienciación do conxunto da sociedade".
A provincia de Ourense supera xa os 1.500 casos activos.