CRTVG

Buscar

O Carballiño, libre de covid por primeira vez en máis dun ano

Publicado o 08/10/2021 14:12

O concello que inspirou o modelo máis estrito de loita contra a covid en Galicia, o modelo O Carballiño, está por fin libre de covid, un ano despois de rexistrar o pico da pandemia.

O sol acompaña o primeiro día libre de covid no Carballiño. Hai un ano, alcanzaba o pico da pandemia, con 188 casos activos.

O illamento ao que quedou sometido o concello durante varias semanas para frear os contaxios denominouse modelo Carballiño, a guía que se seguiu noutros 60 concellos galegos unha vez constatada a súa eficacia.

As seguintes ondas xa non foron tan duras aquí, pero é agora a primeira vez que non hai nin un só caso activo desde o verán de 2020.

Francisco Fumega, alcalde do Carballiño: "Representa o triunfo de moita xente: os sanitarios, o propio Sergas, os veciños do Carballiño por respectar as normas... É un triunfo colectivo".

Un alivio para os veciños e tamén para os hostaleiros e comerciantes, que viron perigar os seus negocios. Falan, iso si, desde a cautela que lles dá a experiencia.

Noticias web

08/10/2021