CRTVG

Buscar

O Carballiño homenaxea o actor Celso Parada no Festival de Teatro Galego

Publicado o 04/09/2019 19:08

O teatro volve encher as rúas e auditorios do Carballiño nunha nova cita do Festival do Teatro Galego, que fai xa 30 anos.

A edición deste ano está dedicada ao actor Celso Parada, recentemente falecido e fundador do Teatro do Morcego. O festival amplía de tres a cinco os días de representacións, que rematarán o venres. Entre as novidades está a incorporación de monólogos cómicos.

O Premio de Honra recibirao o actor Miguel de Lira, cofundador da compañía Chévere.

Noticias web

04/09/2019