O Carballiño duplica a poboación polos emigrantes que veñen a terra pasar as vacacións
Publicado o 25/07/2019 11:58
As rúas do Carballiño bulen de vida estes días.
E así é a cada paso que damos corroboramos a numerosa presenza de emigrantes que veñen pasar as vacacións á vila da que tiveron que partir buscar traballo.
É a seguridade e as ofertas de ocio e lecer o que máis valoran do noso país os emigrantes que viven en América.
A poboación en concellos coma o Carballiño chega a duplicarse no verán.
Benefíciase moito deste ambiente o comercio.
Na hostalaría, as vendas aínda se incrementan máis. Din dende a asociación de comerciantes que a case a metade do que facturan en todo o ano o fan no verán.