CRTVG

Buscar

O carácter competitivo de Adrián Ben, base do seu futuro como atleta

Publicado o 03/10/2019 16:55

Adrián Ben despexou en Doha algunha incógnita sobre o seu futuro como atleta. O sexto posto mundial franquealle unha ventá de oportunidade da que tirar proveito coa boa cabeza que todos os seus adestradores lle atribúen.

Unha fe cega e un carácter competitivo que xa vén de cando cativo e que semellan alicerzar con firmeza a incipiente xeira na elite.

Para o presente de Ben queda descansar e bañarse no cariño da súa xente. Para o futuro máis inmediato, decidir se o camiño son os 800 ou a proba estrela do medio fondo, os 1.500.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019