CRTVG

Buscar

Antonio Álvarez, capitán do Ángeles Alvariño: "É bastante difícil atopar aí un corpo"

Publicado o 17/06/2021 14:15

A tripulación do Ángeles Alvariño, o buque oceanográfico con base en Vigo que participa na busca dos restos no caso das nenas de Tenerife, é integramente galega. O seu capitán titular, Antonio Álvarez, que se encontra de descanso en Burela, destaca a enorme dificultade de dar co corpo de Anna, a meniña dun ano que falta por atopar.

Antonio Álvarez, capitán titular do Ángeles Alvariño: "É un fondo que non é chan, senón desigual e diverso. O fondo pode baixar de súpeto 100 ou 200 metros, polo que é bastante complicado. É un fondo volcánico, con subas e baixadas, moi desigual. En calquera penedo ou en calquera burato que haxa no fondo pódese meter aí un corpo. É bastante difícil atopar aí un corpo".

O patrón suplente do Ángeles Alvariño, José Manuel Guerreiro, tamén é mariñao, de Celeiro. Cando o buque xa se dispoñía a partir cara a Cádiz para desembarcar o robot de rastrexo, recibiu unha orde expresa dende A Moncloa para que continuase coa procura dos restos. Antonio Álvarez, capitán titular do Ángeles Alvariño: "Xa arrincaran ás oito da tarde, pero tiveron unha última chamada para indicarlles que tiñán que seguir uns días máis a busca".

O corpo de Olivia fora localizado nunha bolsa pechada que estaba amarrada a unha áncora. A outra bolsa, que correspondería aos restos da súa irmá pequena, estaba aberta, nunha zona onde as correntes mariñas se dirixen cara ao sur.

Noticias web

17/06/2021