CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

O cantautor Marwan actúa en Santiago, dentro do festival Santiautor, con Pez Mago e Fredi Leis

Publicado o 22/05/2015 20:56





Acompañado do galego Fredi Leis e de Pez Mago, estar noite tocará no auditorio de Abanca, en Santiago, un cantautor e poeta dos de máis proxección, o madrileño Marwan.

Cheos en escenarios latinoamericanos e de case todas as cidades de España, máis premios en distintos certames e festivais, avalan o novo traballo musical deste madrileño palestino: "Apuntes sobre mi paso por el invierno".

"É un disco que precisamente quixen presentar de primeiro en Santiago de Compostela. Cada canción do disco ten unha moralexa. Ás veces hai que chegar a que lle conxelen o corazón para aprender leccións na vida", explica o cantautor madriñelo Marwan.

Marwan escolleu o Auditorio de Abanca en Santiago, para presentar, xunto a Pez Mago, quinto disco, pero tamén segundo poemario.

"Parece un milagre. Nuns tres días que leva na rúa o meu libro 'Todos mis futuros son contigo', editado por Planeta, xa houbo que pedir unha terceira edición, e son tiraxes de moitos exemplares", opina o cantautor Marwan.

Xuntos tamén nos escenarios, o madriñelo Marwan e o galego Fredi Leis, mentres este santiagués, entre milleiros de visitas ás súas cancións en Internet e concertos, prepara primeiro disco e máis.

"Teño unha novidade que contarvos. Amais preparo xa un EP con catro cancións novas co que farei unha minixira estes meses. Estou moi ilusionado", nos adianta o cantautor galego Fredi Leis.

Marwan, desta acompañado por Pez Mago e polo galego Fredi Leis, protagoniza a recta final do VI Festival Santiautor, que nos últimos dous meses trouxo as Compostela, en 14 concertos, máis dunha trinteta de artistas da música de autor. Despedirá o certame o histórico cantautor Pedro Guerra, o vindeiro 30 de maio.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí