CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

O cantautor galego Fredi Leis estrea primeiro disco co que estará en concerto sábado e domingo na Sala Sónar de Santiago

Publicado o 13/11/2015 20:55






Pasou do fútbol á música. Nun ano, as súas cancións tiveron máis de 400.000 reproducións e ségueno milleiros de persoas nas redes sociais. É de Santiago, chámase Fredi Leis, e hoxe estrea primeiro disco. As entradas esgotáronse en só unhas horas.


O primeiro vídeo, do seu primeiro EP: 'Estrellas fugaces'. Préstalle para dicir que xa é unha estrela e non será fugaz aos preto de 10.000 seguidores que ten nas redes sociais.

"Para min Galicia, e sobre todo Santiago, significa casa, aínda que agora teña que vivir moito tempo en Madrid e aínda que gravara principalmente o disco alí. En Compostela, na Sónar, foi onde me deron a primeira oportunidade de subir a un escenario. Por iso os concertos de presentación do disco decidín facelos aquí. É coma pechar o ciclo", explica o cantautor Fredi Leis.

Escolleu este venres e 13 para presentar o seu primeiro traballo musical. E escolleu a casa, Santiago, para presentalo en directo, nun concerto dobre na sala onde subiu por vez primeira a un escenario, a Sala Sónar. O cantautor galego, preséntanos o seu primeiro EP, 'Días grandes'.

E... 'Sin anestesia', co selo da compañía RLM, e con produción de Ismael Guijarro, descubridor de talentos revelación coma Rozalén, dende xa circula o EP en formatos físico e dixitais. O galego compuxo letra e música de todos os temas que interpreta a voz e piano.

"Xa está á venda a nivel mundial... A verdade é que eu comecei dedicándome ao fútbol e non me ía mal... Se de neno me preguntases que quería ser, diría, futbolista, claro... E nunca músico... Pero tiven unha lesión, e hoxe en día case me alegro porque iso me levou á música e iso é o que me fai feliz", conta Fredi Leis.


A primeira canción, subíaa á SoundCloud en 2013, e hoxe en día xa ten máis de 400.000 reproducións na plataforma dixital.
Polo momento compón e canta en inglés e castelán, pero...

"Eh, que teño xa unha canción en galego, escrita en galego, sobre Galicia, con instrumentación moi galega... Así que... Atentos... Vermeos o que pasa", adianta, cómplice, o cantautor santiagués Fredi Leis.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí