CRTVG

Buscar

Bos días

O cantautor ferrolán Andrés Suárez segue imparable. Despois de encher o Pazo dos Deportes de Madrid, triunfa agora nos escenarios de América Latina

Publicado o 11/11/2016 09:49

O cantautor ferrolán Andrés Suárez segue imparable. Despois de encher o Pazo dos Deportes de Madrid, triunfa agora nos escenarios de América latina con tres concertos, o último en Bos Aires, cos que pecha definitivamente a xira de 'Mi pequeña historia', o seu último álbum de estudio.

O público do ND Teatro de Bos Aires púxose en pé para recibir a Andrés Suárez nun concerto moi especial co que pon punto e final a "Mi pequeña historia".

Un disco cargado de positivismo, pero coa sinceridade e o sentimento que caracteriza as letras do cantautor.

Foron tres concertos únicos en Montevideo, Córdoba e Bos Aires cos que pór o ramo ao seu sexto álbum de estudo ante os milleiros de seguidores que ten no Cono Sur latinoamericano.

Andrés Suárez, cantautor: "Cando vas tocar a un local, aun teatro, e a xente como que está contigo, iso non pasa en ningún lado do mundo. Iso só pasa na Arxentina".

Deixa a pel en cada actuación, canta fragmentos da súa vida para un público entregado e moi fiel.

Rocío González, seguidora de Suárez: "Paréceme un artista completo. Non perdeu a parte humana, mantén o contacto próximo co público e encántame a súa música. Encántame el".

Carolina Palmieri, seguidora de Suárez: "Impactoume o que cantaba, as cousas que dicía nas súas letras, empecei a escoitar e a escoitar".

Despois dun ano con máis de 90 concertos por todo o mundo, a Suárez agárdao agora un merecido descanso. Aínda que confesa que xa ten 26 temas cos que dar forma a ese novo cedé que lle permita seguir tocando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

11/11/2016