O cantante Salvador Sobral actúa en Santiago
Nestes momentos, Salvador Sobral acaba de comezar o seu concerto no Auditorio de Galicia en Santiago, coas entradas esgotadas hai meses. O cantante aproveitou a súa visita a Galicia para recoller o premio Aritmar da cultura lusófona como mellor músico portugués do ano. Estivemos con el xusto antes do concerto.
Pódese dicir que Salvador Sobral renaceu por partida dobre: artisticamente, tras gañar Eurovisión, e dunha forma literal, tras gañar un novo corazón nun transplante.
Onte cantou versos de Celso Emilio Ferreiro ao recoller o premio que a Escola de Idiomas de Santiago lle deu ao consideralo mellor músico portugués do ano.
Esgotou entradas en apenas un mes. Sobral é todo un fenómeno: combina naturalidade, paixón e unha voz que racha cos tópicos.