CRTVG

Buscar

O cantante Chris Brown, arrestado en París acusado de violar unha moza

Publicado o 22/01/2019 19:37
O cantante Chris Brown, arrestado en París acusado de violar unha moza

O cantante estadounidense Chris Brown foi arrestado en París o luns pola mañá, xunto a outras dúas persoas, como sospeitoso dunha violación, dixo unha fonte policial francesa este martes.

Os arrestos producíronse despois de que unha moza de 24 anos denunciase ser violada na habitación de hotel de Brown, na noite do 15 de xaneiro. A fiscalía abriu unha investigación respecto diso.

En 2009, Chris Brown declarouse culpable de darlle unha malleira a cantante Rihanna. Desde que completou a súa liberdade condicional nese caso en 2015, enfrontou diversos problemas legais, entre eles un cargo por agresión cun delito grave e unha arma mortal, ademais de ser demandado por unha muller que di que foi violada na súa casa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2019