CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O cánnabis é a porta de entrada ao tabaco

Publicado o 26/06/2015 15:06





Primeiro o cánnabis. Despois o tabaco. Cada vez son máis os mozos que fan este percorrido. É un cambio de tendencia respecto ao que acontecía hai anos. Un percorrido que moitos adolescentes comezan durante a época da educación secundaria

Se fumas porros, acabarás fumando tabaco. É a principal conclusión dun estudo impulsado polo cómite nacional para a prevención do tabaquismo. En función do contexto, ata o cincuenta por cento dos mozos empezan comsumindo cánnabis

A maioría de consumidores inícianse durante a ESO. Un dato fundamental. Xa que un comezo precoz co cánnabis está relacionado cun consumo de tabaco para toda a vida. Este estudo tamén pretende acabar cos mitos do cánnabis.

O estudo constata un descenso do consumo do tabaco e do cánnabis. De forma paralela, prodúcese un aumento do consumo das dúas drogas de forma conxunta.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí