CRTVG

Buscar

O cangrexo americano invade a Lagoa de Castiñeiras

Publicado o 06/12/2019 13:44

A Comunidade de Montes de San Xián en Marín denuncia a existencia de cangrexo de río americano na Lagoa de Castiñeiras en Marín. Din que esta especie invasora está a aumentar poñendo en perido a fauna autótona. Non é esta a primeira especie invasora que atopan. 

A lagoa soportou nos últimos anos especies tan exóticas como carpas xaponesas ou sapoconchos de Florida. Aquí viñan a ceibar exemplares destas especies os donos, suponse que, fartos de ter que darlles coidados na súas casas.

O ano pasado o Concello de Marín vaciou a lagoa para reforzar o encoro e limpar o fondo. Daquela retiraron todos os animais acuáticos. As troitas leváronas a unha criadeiro para volver ceibalas unha vez que rematase a obra.

A esta limpeza resistaiu o invasor americano, segundo dín, porque Augas de Galicia non deixou retirar todo o lodo com querían os comuneiros. Por iso dende a Comunidade de Montes de San Xián piden que se actúe contra esta especie que pode poñer en perigo as outras especies coas que convive na mesma contorna.

Tamén animan aos veciños a achegarse a lagoa para que pesquen os crustáceo invasor con ganapáns, xa que, din que é o único xeito que teñen, de momento, de poder controlar a poboación de cangrexo americano de río.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019