O Cangas garante a súa presenza unha temporada máis na Asobal
Publicado o 30/05/2021 18:09
O Frigoríficos do Morrazo seguirá unha temporada máis en Asobal, despois de que o Guadalaxara non gañara o seu partido contra o Puerto Sagunto. Malia a previsible derrota no Palau diante do Barcelona, o Cangas sabía que as súas opcións pasaban polo que ía acontecer noutras pistas, e nunha delas o resultado foi favorable.
O Barça, campión e invicto, gañou por 35 a 23 na despedida de Dani Cerqueira.