O Cangas presenta o seu equipo para unha temporada que aínda non ten protocolo
Faltan 4 días para que comece a Liga Asobal de balonmán. Vai ser o primeiro deporte de equipo que inicie a nova temporada. O Cangas e o Cisne debutan os dous o mércores, pero non as teñen todas consigo. Aínda non hai un protocolo e as restricións nos adestramentos non foron iguais para todos os equipos.
A temporada de balonmán comeza a vindeira semana coa liga Asobal e a Copa da Raíña feminina. E con moitas incertezas. Non hai aínda protocolo. Non saben os clubs se teñen que facer probas PCR antes de cada partido.
O Guardés fará o luns as probas, pagadas pola Federación Española para a Copa. Despois, na liga, ninguén sabe que asumirá un custe duns 50.000 euros por temporada.
Cinco días para que comece a temporada e negros nubarróns de dúbidas. Esta é a realidade do deporte non profesional