CRTVG

Buscar

O Cangas perde por sete goles en Guadalaxara

Publicado o 14/09/2019 20:48

Na liga ASOBAL, derrota do Cangas na pista do Guadalaxara por sete goles de diferenza. Para o cadro de Nacho Moyano, o porteiro iraniano Said Berkordari foi un valado infranqueable. En total fixo 27 paradas no seu mellor encontro en España.

Ao Cangas faltoulle nivel defensivo e acerto en ataque. Só destacou o porteiro Xavi Díaz, que mantivo o seu equipo en moitos momentos do encontro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2019