CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O Cangas perde en Granollers por 36 a 26

Publicado o 07/10/2017 15:18
Non acaba de chegar a primeira vitoria a domicilio do Cangas que onte tamén perdeu en Granollers e con claridade.



Os de Pillo pagaron un pésimo inicio de partido con erros no lanzamento e moitas perdas de balón. Os cataláns gozaron sempre de cómodas vantaxes que mantiveron ata o final para lograr un triunfo cómodo por 36 a 26. Resina con 12 goles foi o máximo goleador do partido.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí