O Cangas paga cara a falta de acerto e cae na pista do Torrelavega (27-23)
Publicado o 07/10/2021 11:42
Na liga Asobal, tropezo do Frigoríficos do Morrazo. Caeu na pista do Torrelavega, que aínda non puntuara, por 27 a 23.
Os cangueses remontaron unha desvantaxe de cinco goles na primeira metade e, malia a espectacular actuación de Gerard Forns baixo paus, non foron quen de pechar o partido cando tiveron ocasión. Chegaron aos últimos cinco minutos con empate a 23 goles e aí estivo mellor o Torrelavega.
O Frigoríficos pagou coa derrota a falta de acerto en ataque. Non logrou marcar e encaixou un parcial de 4-0. Os cangueses volven xogar este sábado, reciben o Valladolid no Gatañal.