CRTVG

Buscar

O Cangas lévase o derbi ante o Cisne con autoridade (20-24)

Publicado o 01/04/2021 12:22

O duelo de rivalidade galega na Asobal foise a Cangas. O cadro que adestra Nacho Moyano deixou sen argumentos ao Cisne e gañou con facilidade en Pontevedra.
Controlou o partido de principio a fin cun Cisne inferior e por detrás do marcador en todo momento. O Cisne fallou cinco lanzamentos desde os sete metros.

O Cangas chegou a dispor dunha vantaxe de dez goles. Enorme o partido de Dani Fernández, autor de nove tantos, catro de penalti. O Cangas mantense na pelexa pola permanencia, o Cisne queda moi tocado.

 

 

 

Noticias web

01/04/2021